O prometido é deuda, aquí estou escribindo as opinións do último día. Cerrouse a selectividade e con ela unha das etapas máis complicadas das nosas vidas, din. Unha etapa con moitos altibaixos, cambios que marcaron o paso de adolescentes a adultos. A fase final deste camiño que comezou hai nove meses foi o selectivo, broche de ouro. Esperemos que cando nos den as notas non se baixe do podio.
Estou cansa, que toda a tensión acumulada estes tres días se desmorone agora que xa acabou todo non é tan bo como parece. Non quero nin alegrarme, nin rir, nin nada, quero durmir profundamente sin despertadores. O recordo desa alarma que sonou o 19 de xuño ás 6.30 da mañá para darlle un último repaso a bioloxía e química, aínda me martiriza agora. O balance dos últimos exames? Pois, non tan bo como desexaría. Unha parte do exame de bioloxía foi un pouco a traición e algúns saímos con mal sabor de boca. O de química en xeral saeu ben aínda que eu tiven un par de fallos técnicos. Pero chegados a tal extremo de cansancio, de vir machacados do curso e de pasar tres días a pleno (semipleno) rendemento, os resultados xa nos dan igual. Supoño que mañá comezaremos a pensar máis seriamente na nota, pero hoxe o único que queremos é desconectar. Destes tres días quédome coa recompensa a un esforzo e coa unión invisible que sentimos todos os examinandos. Porque por unha vez todos experimentamos os mesmos sentimentos e preocupacións, deixamos de centrarnos en nós mesmos e intentamos animar aos demais. Quédome con esas miradas de complicidade, desgusto ou alegría antes, durante e ante os exames.
Remato dándovos as gracias por deixarme libre albedrío para escribir o que sentía neste xornal; botareino de menos. E repartirei un 'gran gracias' aos que nos fixeron máis liviano o curso e a selectividade (familia, amigos, profesores, Ana e Marce, o director). Porque non deixa de ser bonito comprobar que nos momentos de maior agobio sempre aparece alguén que busca axudarnos. Por iso xa me tarda que chegue o ano que vén para poder dicirlles aos que se examinen da selectividade: «Tranquilos, que é fácil». ( Yáñez Soto fixo a selectividade en Viveiro).