Impulso firme polas actividades complementarias e extraescolares

La Voz

A MARIÑA

18 jun 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

Dende o IES Illa de Sarón conceden especial relevancia ás actividades complementarias e extraescolares, como se pode ver na súa págixa web (http://centros.edu.xunta.es/iesilladesaron/). Este curso levaron a cabo o Plan Valora no Tempo de Lecer, coa realización de talleres de automaquillaxe, manicura, tatuaxes de henna, iniciación ao golf, hockey sobre patíns, astronomía, talleres de pinchadiscos ou un campeonato de tenis de mesa.

Outras actividades desenroladas este curso son os talleres de cestería e instrumentos musicais impartidos por monitores do Centro de Artesanía da Deputación de Lugo; os intercambios lingüísticos Xove-L'Isle Jourdain, do departamento de Francés, e Xove-Fonsagrada, da área de Normalización Lingüística; a viaxe de fin de curso a Tenerife; a Semana Blanca en Andorra, para alumnos de primeiro, segundo e terceiro da ESO; unha expedición a Madrid para asistir a un musical; ou o proxecto Encontros (co fin de coñecer vellos oficios e fomentar a igualdade de xénero).

O centro participou en talleres de pintura ou fotografía, sesións de contacontos, un taller de autodefensa para mulleres, unha exposición e un libro sobre plantas aromáticas e especias, ou o proxecto Club de Lectura (blog, rutas literarias, etcétera).