«O ourizo é un produto singular e ten moita aceptación»

Y. G.

A MARIÑA

Codo con codo, concello e hostaleiros traballaron e traballarán mañá para ofrecer aos comensais a famosa festa gastronómica

13 mar 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

Concello de Cervo e hostaleiros da vila de San Cibrao sumaron esforzos un ano máis para ofrecer a popular Festa do Ourizo, con 18 anos de traxectoria.

-Quilos que se prepararán.

-Deben andar este ano sobre os 4.500 quilos. Xa falamos de cantidades astronómicas, se o comparamos coa primeira vez.

-A nivel persoal, ¿lembra a primeira edición?

-Si, eu tiña doce anos. Ademais, empezara, polo que teño entendido, dentro dunha serie de festas gastronómicas que se facían cada mes, un á tortilla, outro aos callos, á ameixa, aos percebes... e a única que permaneceu no tempo foi esta, a do ourizo.

-¿Por que gusta tanto?

-Primeiro, dicir que é un produto singular, que á xente lle chama a atención. En determinadas zonas da Mariña se consume moito, ten moita aceptación e moita xente tamén vén de fóra a probalo... e repite.

-¿Como se degustaban os ourizos na súa casa?

-Lembro comer os ourizos de pequeno cando ía meu pai a eles, cocelos e comelos no garaxe... por non manchar.

-O tradicional por aquí foi sempre na versión cocida. ¿Prefire outras variantes?

-Sigo preferindo os ourizos cocidos ou tamén crus. Hai moitas preparacións que con determinados ingredientes se converten nunha delicatessen.

-A tempada do ourizo é bastante corta.

-Practicamente dura dende xaneiro, aínda que pode ser que veña algo antes, a marzo.

-¿Valoran ampliar a todo o fin de semana esta festa?

-De momento non porque é un produto laborioso e preparar para dous días sería un traballo inxente. Sería unha decisión a tomar entre todos.