Ribadeo, Iberia e Xove Lago xogan na casa na nova xornada da liga provincial xuvenil

La Voz

A MARIÑA

17 oct 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

Esta fin de semana dispútanse os encontros correspondentes á quinta xornada do campionato provincial de fútbol xuvenil, no que o Sagrado Corazón é líder en solitario despois da súa victoria no campo do Foz.

Nas Valgas, o Iberia e o Lourenzá protagonizarán un interesante derbi comarcal; o Ribadeo recibirá no Pepe Barrera ao Pol, e o Xove Lago e o San Ciprián medirán forzas no Municipal xovense.

Ademáis, o Burela viaxará a Cospeito; o Foz, a Meira; o Alfoz, ao campo do Sagrado Corazón; e o Sporting Pontenova, á Pastoriza.