«O goberno está facendo o seu traballo»

Blanca Díaz

A MARIÑA

Suárez afirma que Ribadeo non se encontra, nin moito menos, paralizado

08 sep 2007 . Actualizado a las 02:00 h.

Tras unha época estival que xa case chegou ao seu fin, o alcalde do concello de Ribadeo atópase satisfeito do traballo que o seu goberno desenrolou ata agora.

O pasado mércores, o portavoz do Partido Popular de Ribadeo, José Carlos Rodríguez Andina, dirixía unhas duras críticas ao equipo de goberno ribadense e aseguraba que o Concello se atopa paralizado en canto aodesenvolvemento de proxectos importantes.

-¿Como se atopa actualmente o Concello?

-Estamos levando a cabo o noso traballo, pero creo que do traballo que leva a cabo un cada día non é necesario dar conta seguido aos medios de comunicación, porque require un traballo previo. Non queremos vender fume.

-Queopina das críticas de Andina?

-Respectando a opinión de cada un, discrepo totalmente nese asunto. Nin o ex alcalde nin o equipo de goberno están parados en absoluto.

-¿Cal é entón a causa desa suposta parálise ?

-Algúns asuntos importantes da alcaldía dependen doutras institucións, e en verán por moito que chamemos algúns conselleiros ou directores xerais están de vacacións. Proxectos como o do polígono industrial están parados por iso, pero non tódolos demáis.

-¿Qué obxectivos ten para os meses próximos?

-Os orzamentos do concello están a punto de estar listos, faltan datos dos que pronto dispoñeremos. Traballaremos nos proxectos, e esperamos contar co apoio de tódolos grupos.