Bo ano para o teatro Pastor Díaz

La Voz

A MARIÑA

X.?F.?R.

O pulso da Mariña

12 ene 2007 . Actualizado a las 06:00 h.

Ao longo do 2006 pasaron polo teatro viveirense unhas once mil persoas, seis mil para asistir a algunha das actividades programadas pola delegación municipal de Cultura, que dirixe o nacionalista Francisco Luis Rodríguez Guerreiro, e o resto en actos organizados por distintos colectivos. A representación de Hamlet , o espectáculo de maxia para rapaces e outras obras teatrais dirixidas aos escolares foron as máis concurridas, co teatro case cheo. A homenaxe a Lois Tobío, promovida polo Seminario de Estudos Terra de Viveiro tamén encheu a sala. Música, exposicións e lectura No balance cultural do ano en Viveiro, Rodríguez Guerreiro tamén suliñou o éxito do ciclo de música clásica (algo menos o de jazz), as actuacións na rúa, as exposicións, a semana adicada ao libro e a lectura, e tódolos actos programados en torno ao Ano Lois Tobío. Destacou ademais a colaboración do Conservatorio Profesional de Música en moitos dos eventos. Un avance do 2007 O concelleiro viveirense de Cultura adiantou onte algunhas das citas que ofertará o teatro Pastor Díaz no primeiro semestre do 2007. Este Concello participa, por primeira vez, no circuito 4x4 da Consellería de Cultura, que traerá a Viveiro música e teatro. E faino en colaboración co de Xove. Entre as oito actuacións xa fixadas están a de Leilía, Teatro de Ningures (coa obra Misericordia ) ou a compañía de xente nova Nut Teatro, con Corpos disidentes . Haberá actos en honor ao poeta Antonio Noriega Varela e as xornadas Aprender para educar, para pais e mestres; ou a segunda semana do libro.