Entrevista | Xesús Novo Martínez Novo séntese tranquilo por ser un dos poucos Concellos que ten plan urbanístico
20 nov 2006 . Actualizado a las 06:00 h.«Neste momento temos un poquiño abandonado algunhas partes do Concello como pode ser asfalto de carreteras. É que estamos facendo grandes inversións en saneamentos e abastecementos de auga e por algo moi sencillo, que está habendo moitísima construcción e tiñamos gran parte de saneamento e abastecemento obsoleto, con tuberías de uralita e hormigón, e eso hoxe non pode existir, con constantes roturas de auga.Temos un determinado presuposto e estamos facendo a maioría das inversións neste tipo de obras porque si queremos que haxa construcción tamén temos que ter servicios, non vaia ser que chegue un día que nos pasemos coa construcción e que pase o que pasou nalgún concello por aí, que non cheguen os servicios. E sin esquecernos do resto, teste que adaptar a un presuposto e estamos volcados máis neso polas necesidades actuales». -¿Cántas licencias deron este ano? -Polos datos que teño, no que vai de ano _home somos máis pequeniños que Barreiros e Foz_, pero no que vai de ano andamos arredor de 450 licencias para vivendas, serán vivendas que van contribuir no Concello, pagar os seus servicios, a sua basura, a sua auga... -Comparado con outros Concellos parece unha cifra pequena -No Vicedo levamos catro anos facendo; cando xa en Barreiros e Foz se estaban construindo 200, 300 ou 400 vivendas ó ano aquí facianse catro unifamiliares. Pero bueno, neste momento queda moi pouquiño suelo, está todo comprado, e significa que se vai construir todo o que hai para construir, claro. Neste momento, o que é para edificio _en Vicedo a máxima altura permitida son tres plantas_, pois o que é suelo para baixo máis tres está agotado e baixo máis dous queda moi pouquiño. -¿Encareceuse o suelo? -Por suposto. No ano 2001 os solares valían a 30 euros metro, agora sobrepasan os 1.300, 1500, 1.800 euros, en algunhos casos, e hai outros que se pagan a 450 ou 500; estou falando de solares para edificios, de valores máximos e mínimos. Para vivenda unifamiliar, depende da parroquia ou da zona, están sobre 100, 120 ou 80 ou 70 incluso. -¿Cánto ingresou por licencias o Concello? -Non sei a cantidade, pero tiñamos presupostado 240.000 euros e superámolo; calculo que andaremos polos 300.000 ou por aí; nos temos un imposto dun 2,5% e unha tasa de 0,50 que se empeza a aplicar cando a obra pasa de un millón de euros. Pero que eu recorde solo houbo dous edificios ós que se lle aplicara esa tasa, ou sexa que a licencia é de un 2,5. O que non recordo é a cantidade que vai en proxectos. -¿Eses cartos van todos para saneamentos? -Van para cubrir as necesidades que creemos máis urxentes, saneamentos, abastecementos e outro tipo de cousas, pagos, etcétera. -Dende logo, o urbanismo está á orde do día na Mariña -Eu neste sentido estou tranquilo porque somos o único Concello da costa e si non me equivoco, se non se aprobou ningún plan novo, creo que na provincia sólo había dous con plan urbanístico, Xermade e Vicedo; e nese sentido estamos completamente tranquilos porque sabemos exactamente o que é e donde se pode construir; non hai ningún tipo de mala interpretación. -As zonas máis demandas -O centro do pueblo que está comprado todo o terreno e a zona da playa. -¿Quén compra? _A maioría son promotores mariñanos ou da provincia..