Burela conta cun novo espacio para degustar exquisitos platos á parrilla e bos viños
29 sep 2006 . Actualizado a las 07:00 h.A Parrillada de Jandro abreu as súas portas en Burela, situada enfronte da praia de Portelo, con vocación de ofrecer aos seus clientes carnes, peixes e verduras variadas de calidade elaborados á grella con sensillez pero de exquisito sabor. O seu propietario, e á vez cociñeiro, é Alejandro Ladra Ramos, un mozo profesional da restauración formados na Escola de Hostalería de Foz, e cun experiencia na hostalería. A Parrillada de Jandro é un espazo cálido e acolledor no que tamén se poderán catar viños de calidade ou unha boa cervexa, acompañados ambos de deliciosas tapas, ou unha deliciosa parrillada de mariscos, por encargo. A terraza-comedor permitirá aos clientes gozar tamén da boa climatoloxía ao mesmo tempo que dun saboroso prato. A atención ao cliente, en múltiples detalles, é tamén outro dos aspectos que coida o propietario deste novo establecemento de restauración que abreu as súas portas en Burela. ? 3