«A obra mostra o desequilibrio entre o poder e o pobo»

Guillermo Hernández RIBADEO

A MARIÑA

KOPA

Entrevista | Luis Tosar O actor interpreta o primeiro Hamlet en galego, montaxe de Lino Braxe que chega hoxe ó auditorio municipal de Ribadeo

07 abr 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

O famoso "to be or not to be" shakespeariano chega a Ribadeo convertido nun "ser ou non ser". Luís Tosar é o encargado de dar vida ao príncipe danés nun Hamlet que, baixo as ordes do director Lino Braxe, estase a convertir nunha revelación do teatro galego. A producción que conta cun elenco de actores e actrices entre os que destacan nomes coma o de Manuel Manquiña, Vítor Mosqueira ou Flor Maceiras, trae as intrigas do castelo de Elsinor ao auditorio municipal da vila ribadense hoxe e mañá. -¿Qué aporta de novo esta montaxe de Hamlet? -Eu creo que o acerto de Lino foi actualizar mínimamente a versión e traela ata os anos da segunda guerra mundial... Tamén por una cuestión de coincidencia de datas, porque a ocupación de Dinamarca e Noruega na segunda guerra mundial durou tres meses e a acción de Hamlet tamén está datada, máis ou menos, en tres meses co todo o tema das revoltas en Elsinor... todo coincidía temporalmente bastante ben e, por outro lado, creo que é moi importante facer que esa ameaza sexa máis recoñecible polo público, porque senón penso que toda a carga política de Hamlet queda moi desdibuxada simplemente co conflicto persoal do protagonista. Están pasando cousas moi importantes arredor dese palacio e a reflexión que se fai en todo momento é que eses tipos, que son xente da nobleza que viven no seu mundo, non se dan conta do que pasa fora ata que entran as tropas alemás no palacio... E, claro, recreando o mundo nazi, recreando a situación por parte das forzas de Hitler queda moito máis patente ese desequilibrio entre a xente que se supón que ten o poder e o que está a pasar co pobo. - - ¿Qué aporta Tosar? - Eu creo que fixen un Hamlet que dubida moitísimo menos, que a imaxe que temos habitualmente. Cada vez tiven máis claro que o tipo tarda en decidir porque todas as decisións que toma son realmente importantes, son vitais. Está decidindo se vingar ao seu pai ou non, se matar a este tipo ou non, se facer unha trama na que vanse ver perxudicadas a súa nai e a muller que ama, é dicir, hai uns conflictos de intereses que son os máis fortes que lle poden tocar como ser humano.