LA TRIBUNA | O |
22 nov 2005 . Actualizado a las 06:00 h.ESTIMADO señor: á vista da súa carta, publicada nos medios, desexámoslle matizar o seguinte: Fai mención da calidade da auga de Burela. ¿Vostede vive en Burela desde fai 16 anos? Pois logo lembrará as oito ou dez roturas da rede de subministración que había en Burela na década dos 90. Agardamos que nos resposte, porque iso tamén era un problema, que non resolveu o PSOE, senón o PP (con mil millóns de pesetas para renovar a rede de subministración). Señor Llano, se vostede leva vivindo tanto tempo en Burela, lembrará que desde o 95 ata o 99 o Concello tivo graves problemas para acceder ó embalse de Rúa. Seguro que sabe o nome do alcalde culpable e o partido no que militaba. Dígao. Se non o lembra, aí vai o nome: Roberto Álvarez, do PSOE. Señor Llano, vostede que tantos éxitos tivo como director dun centro docente e que demostrou diálogo, seguro que tamén consideraría un éxito que se chegara a un compromiso entre os dous concellos, Burela e Cervo, e a Xunta, para financiar a obra que queda por facer para solucionar o problema. Porque coincidirá con nós en que a auga toda fai o recorrido desde Rúa á ETAP, e que para solucionar ese problema non queda máis remedio que tratala para que saia nas mellores condicións posibles, que é responsabilidade do Concello. Pero a limpeza do embalse de Rúa élle cousa da Xunta. ¿Vostede non se pregunta onde van os cartos que había para solucionar o problema? Porque ese é o gran problema, e senón mire os presupostos da Xunta. Botamos de menos máis obxectividade, señor Llano, a non ser que con estes postulados comence vostede a ser públicamente candidato a engrosar as listas socialistas. Para a vindeira vez, pregámoslle que se fala da auga, se informe ben. Fdo. Voceiros do PP-Burela.