A TRIBUNA | O |
16 ago 2005 . Actualizado a las 07:00 h.VARIOS FOCOS de lume permanecían activos estos días en Galicia. A Mariña tamén figurou no mapa de incendios co de Ourol, no que arderon en torno a medio centenar de hectáreas. Dende logo, este será un dos veráns lembrados na comunidade e en xeral en todo o país polo poderoso enemigo que é o lume. Que o é non só para o monte, o medio do que dependemos ata para respirar osíxeno, senón tamén para o propio home, cuxa man está a veces trala causa dun incendio. O problema xeneralizado dos temas medioambientais, penso, é que só se analizan a fondo cando se producen, pero pasado o seu tempo, parece que se deixan a un lado da memoria. Pero a natureza e o entorno non esquecen. Deberíamolo ter en conta para saber actuar chegado o seguinte momento. Igual que pasa coa auga, e o tema da sequía, a veces é demasiado tarde cando se trata o problema e só nos preocupamos cando deixa de correr a billa. Este verán toca falar do lume e da auga. O debate non debería quedarse niso, nun debate. Debería haber plans de accións e sensibilizar máis ao personal.