A TRIBUNA | O |
20 oct 2004 . Actualizado a las 07:00 h.A ESTE PASO non sei se encomendarme á Virxe dos Milagres ou ao santo Job. Este último, ben se sabe, é considerado no catolicismo como o mellor modelo de paciencia. Toneladas de paciencia lles fan falla aos habitantes e visitantes da Mariña, usuarios dunha estrada á que lle fan difícil a entrada definitiva no século XXI. 340 mil euros son para un veciño común moitos moitos euros. Pero para unha estrada que é a espiña dorsal da costa, vendo que para o gran tirón económico haberá que agardar do 2008 en diante (paciencia), atendendo a que eses cartos previstos pola Xunta para o 2005 son só para o proxecto constructivo do tramo San Cibrao-Celeiro... Lembrando pronósticos políticos que se teñen feito verbo do futuro corredor, dame por pensar que na política non caben pitonisas. Nin acó nin aló. Xa sabemos tamén que o Goberno central tén sen definir o tramo San Cibrao-Barreiros. En fin. A Mariña, supoño, non quere chegar a extremos de paciencia como chegou o santo Job nin quere ter tampouco motivos para perder a que lle queda.