Paseando pola ría

A MARIÑA

A TRIBUNA | O |

30 ago 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

A BELEZA das rías é algo indiscutible. O Barqueiro, Viveiro, Foz, Ribadeo... A Mariña pódese considerar agraciada nestes tesouros naturais, onde o mar casa cos ríos, onde a flora e a fauna fanse donos de hábitats peculiares, os fogares estacionais das aves mariñas, terras de marisqueo, espacios abertos e fértiles, o baile das mareas... Son un milleiro de cousas as que se asocian a unha ría. Pero tamén outras que teñen un referente común: o home. Sen aludir ás desta comarca, días atrais este xornal daba conta da deficiencia palpable en plans de saneamento das rías urbanas de Galicia como A Coruña, Vigo e Pontevedra. Os expertos teñen suliñado nalgunha que outra ocasión o bo estado en xeral, reitero «en xeral» das rías mariñanas. Con todo, son ecosistemas sensibles que sempre han agradecer calquera actuación humana para preservar a súa cualidade ambiental. Hai veces, cando baixa a marea, algunha delas deixa ao descuberto parte da cantidade enorme de basura que se tira ao mar, coma se este fora o gran basureiro do mundo. De todos modos, seguro que as rías xa non son o que eran antes. Sería difícil recuperalas. Pero sempre se pode facer algo por estas xoias naturais.