A TRIBUNA | O |
15 jun 2004 . Actualizado a las 07:00 h.HAI DATAS CARGADAS de simboloxía, especiais. E unha delas é o 21 de xuño, o vindeiro luns. A Mariña tapizarase co veo do fume das fogueiras. A sardiña conquistará o paladar. Ulirá a festa, a verán. Esa xornada simboliza tradicionalmente toda unha comunión entre a natureza, o home e incluso as estrelas. O astro rei fará que sexa o día mais largo do ano en todo o hemisferio norte. E se vestirá de gala na rexión septentrional para ofrecer todo un espectáculo: o sol de medianoite. É o momento no que a fecundidade da terra e do home están moi ligadas entre sí. As hortas dan excelentes, mil froitos, e os agricultores comenzan a acopiar pensando xa nos meses fríos, cando morra o verán. A Mariña, como rexión costeira que é, revivirá seguramente o éxito turístico estival. Cada pobo brilará coa súa festa. E coas súas tradicións. Os paisanos darán a benvida aos turistas e aos seus parentes que chegan de lonxe para sentirse mariñáns por uns días. A do solsticio de verán é das citas máis ancestrais que se coñecen. Toca animarse, respirar novos aires, deixarse atrapar pola explosión de luz e purificarse coas fogueiras. Xa se sabe, renovarse ou morrer.