Un turismo moi fermoso

A MARIÑA

A TRIBUNA | O |

19 ene 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

NON HAI CONCELLO, provincia, comunidade autónoma ou estado que non vexa reflectida no espello a súa beleza turística: todos teñen as proporcións axeitadas de patrimonio, natureza, festas e gastronomía para atraer un número cada vez maior de turistas e para conseguir o obxectivo de consolidar o turismo como unha das bases da súa economía. Se se escoitan as declaracións que uns e outros adoitan dicir, non hai concello, provincia, comunidade autonóma ou estado que non se convertese en potencia turística ou que non estea no proceso desa conversión. Pero se pensamos no turismo como consecuencia doutras situacións e non só como causa de beneficios económicos, quizais descubramos situacións nas que aínda nos queda algún camiño por percorrer. Lembremos, por exemplo, que este xornal falaba, hai varios días, das dificultades dos empresarios do Salnés, que poden ofrecer exemplos de feísmo urbanístico coma noutras zonas de España pero non a súa abundancia de horas de sol. E se na Mariña temos aínda menos horas de sol ca no Salnés, ¿non se debería de facer un esforzo suplementario para que as zonas de costa tivesen un coidado exquisito?