¿A quién representa, señor Cao?

La Voz

A MARIÑA

FORO PÚBLICO | O |

06 dic 2003 . Actualizado a las 06:00 h.

Quixera, na miña condición de asociado de Acisa, do Clube Náutico e da APec, facer algunhas puntualizacións ó respecto das sucesivas declaracións nos medios de comunicación do noso presidente, Gervasio Cao, en relación coas obras que pretende facer a Xuntaa na Ría de Ribadeo e co posicionamento ante a manifestación que tivo lugar o pasado 23 de novembro. Sin entrar a valorar o positivas ou non que poidan ser as referidas obras, o señor Cao fai reiteradas manifestacións a favor das mesmas no nome das tres asociacións, antes e despois da manifestación; eu, como socio dos tres colectivos, podo asegurar que en ningún momento, ata omércores 3 de decembro fun convocado a unha renunión na que se tratara este tema e, polo tanto, na que se me pedira a opinión ó respecto. O mesmo lles ocurriu a outros socios cos que contactei. Polo tanto, o señor presidente fai nosas as súas opinións e sin falar cos socios. O mércores pasado acudo a unha reunión de Acisa convocada o día anterior polo presidente, señor Cao; no punto 4 da orde do día aparece o seguinte epígrafe: Informe do Plan Director de Portos de Galicia. Esta é a primeira vez (11 días despois da manifestación popular en contra das obras e moitos días mais tarde das primeiras declaracións nos medios de comunicación do señor Cao falando de este tema) na que teño a oportunidade, igual que o resto dos 18 socios que acudimos á dita convocatoria, de expresar a miña opinión sobre o tema. Cando o señor presidente se dispón a tratar o punto 4, solicito (a man alzada) poder intervir e maniféstolle o meu malestar pola actitude mantida por el durante todo este longo proceso no que se posicionou en nome de todo o colectivo. Expóñolle que Acisa non mantivo ningunha reunión cos seus asociados para tratar este tema tan importante para a nosa vila, e polo tanto, en ningún momento o presidente pode facer manifestacións públicas no nome do colectivo (si o estima oportuno, pode facelas como Gervasio Cao). Algúns dos socios presentes fanlle saber que están de acordo co meu plantexamento e que un tema tan relevante debe de ser tratado nunha reunión monográfica para que o colectivo poida posicionarse como o crea oportuno; non pode ser que simples contactos «callejeros» (así foi como o señor Cao xustificou as súas manifestacións nos medios de comunicación) leven ó presidente elexido para representarnos, a decir que Acisa está a favor das obras na ría sin contar coa opinión dos asociados. Esto mesmo, podería valer para as outras asociacións ás que perteñezo e que preside o señor Cao; si son convocado a unha reunión para tratar este tema, manifestareille de novo o meu malestar. Non sei cales son os motivos que levan a Gervasio Cao a tomar esta actitude, pero o que está claro é que actuando así, só se representa a si mesmo e nunca ós colectivos que preside na actualidade, por moito que queira disfrazar os feitos e manipular o sentir dos asociados. Cando unha asociación elixe democráticamente ó seu presidente, o menos que esperan os socios é unha correspondencia a esa confianza depositada, e esto supón que nunca poderá actuar en nome propio. Lamentablemente, e con este tipo de actitudes, o sentir democrático do que fai alarde continuo o señor Cao, queda en entredito. Como consecuencia de todo o exposto e coa única intención de que non se utilice a miña vontade como asociado sin saber o que eu penso, espero que noutras situacións semellantes e de tanta trascendencia para a vida cotiá dos cidadáns ribadenses, antes de posicionarse se palpe nunha reunión o sentir dos socios. Do contrario, pensarei moito a miña postura á hora de darlle a miña confianza (e dicir, o meu voto nas eleccións á presidencia), ó señor Cao, claro está, si é que se decide a presentarse á reelección. Si se volve a repetir unha situación similar, pode ter seguro o señor Cao que pedirei a súa dimisión como Presidente.