PLAZA PÚBLICA | O |
27 oct 2003 . Actualizado a las 06:00 h.En Burela comenzaron onte un seminario e un curso sobre creación de empresas. Por partida doble se fai un chamamento a todos aqueles que teñen ideas innovadoras e prometedoras a levalas a cabo, a arriscarse e entrar sen medo nunha nova aventura. Sen embargo, chocan estas novas con outras que tamén xerminan na Mariña, como as demandas de solo industrial -as últimas, plantexadas polos empresarios e comerciantes do Val do Ouro ou por firmas que queren medrar en Viveiro- ou as limitadas infraestructuras que ten a comarca para o desenrolo de certas actividades. De nada vale ter a semilla se non hai campo onde arar para obter froitos. Hai pouco, os socialistas tamén suliñaron que a falla de inversión pública na zona podería desanimar ó sector privado. As ideas piden medios.