Dominic Lees presentou a súa primeira longametraxe en Ourense.
13 oct 2008 . Actualizado a las 10:39 h.Dominic Lees presentou a súa primeira longametraxe, Outlanders, e incidiu nalgunha das connotacións e esencias dun fenómeno esencial para Galiza: a emigración. Para Lees o seu traballo «incide en dous temas universais: a irmandade, o amor fraternal, e a emigración», e para iso escolleu a historia e a realidade dos polacos emigrantes en Londres (logo da morte do seu pai, Adam, vai a Inglaterra na procura do seu irmán perdido, Jan). Para o director inglés, que procede do mundo do documental e dos traballos para televisión, o fenómeno da emigración e a multiculturalidade é o maior acontecemento social da historia recente: «Só por poñer un exemplo: máis dun millón de polacos teñen emigrado á Europa occidental, é o maior movemento social e cidadán dende a II Guerra Mundial».
Na xornada de onte tamén se fixo un repaso da presencia da produción húngara no OUFF.