Presentadores por un día en «Galego con curso»

La Voz

TELEVISIÓN

Os alumnos xogarán no programa de hoxe a imaxinar que son presentadores de televisión.

10 ago 2010 . Actualizado a las 02:38 h.

Os alumnos de Galego con curso xogarán no programa de hoxe a imaxinar que son presentadores de televisión. Este exercicio axudará a analizar o medio audiovisual e a practicar como argumentar as opinións. Coa axuda da profesora, tamén se mostrarán as diferenzas entre dous verbos ligados á televisión: ver e mirar.