O Premio de Novela Europea Casino de Santiago xa ten finalistas para a sexta edición, e que dende este ano é convocado de forma conxunta con Ámbito Cultural de El Corte Inglés, que xa viña colaborando como principal patrocinador deste certame que premia a mellor novela publicada no ano en calquera das linguas na Unión Europea traducida ao castelán ou en galego.
Una comisión de expertos coordinada por Carme Ríos Panisse e Margarita Prado selecciona de 5 a 10 novelas finalistas, que nesta ocasión son Os ollos de K , de Antón Riveiro Coello, editada por Galaxia; El regreso do alemán Bernhard Schlink (Anagrama); La elegancia del erizo , da francesa Muriel Barbery (Salamandra); Mira si yo te querré , do español Luis Leante (Alfaguara); e Ronda nocturna , da inglesa Sarah Waters (Anagrama).
Este premio para promover a lectura e o espírito europeísta, ten a particularidade única de que o xurado pode ser toda a poboación de Santiago, que ten un 30% dos votos que deciden a novela gañadora. O certame refórzase con debates e coloquios sobre as obras finalistas no Casino e no Corte Inglés.