«O boca a boca funciona bastante; ademais, aquí para xente de moitos sitios»

CORISTANCO

15 nov 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

Hai máis dun ano que Serxio Vázquez emprendeu unha nova aventura empresarial. Acompañado de dous socios máis, a que foi a estación de tren de Uxes converteuse nun agradable lugar onde acudir a comer.

-¿Como xurdiu a idea de montar un restaurante na vella estación de tren?

-Xa o pensáramos antes. E un día apareceu a oportunidade. Enterámonos de que se alugaba e decidimos montar o restaurante.

-¿Cando o abriron?

-Abrimos en marzo do 2008.

-E dende entonces todo foi de marabilla. ¿Cal é o segredo?

-Dar ben de comer e a atención supoño. O boca a boca funciona bastante. Ademais, aquí para xente de moitos sitios.

-¿E pódese saber de onde?

-Pois ven moita xente de Pocomaco e de Betanzos. Tamén de Sada, Carballo e Coristanco, e incluso de Asturias.

-¿E que recomenda para alguén que chegue por primeira vez ao Vagonetas?

-Pois de primeiro, eu pediríalle un entrante de polbo á parrilla. E despois tomaría bacallau asado con gambóns e aceite de algas. Ou tamén podería pedir un arroz cremoso de zamburiñas e ameixas con queixo de Arzúa.

-Soa moi ben, faise a boca auga...

-¿Verdade que si? -di rindo.

-Entonces o truco está na mezcla de sabores...

-Si, combinamos a cociña tradicional galega con un toque modernista.

-Un estilo que parece ter futuro...

-Polo menos, nós pensamos seguir aquí moitos anos.