05 feb 2010 . Actualizado a las 02:00 h.
O libro titulado 55 mentiras sobre a lingua galega. Análise dos prexuízos máis comúns que difunden os inimigos do idioma , é a primeira publicación da plataforma a prol da defensa e promoción da lingua galega ProLingua e pretende ofrecer «unha análise dos prexuízos máis comúns que difunden os negacionistas do idioma», sinalan os responsables do colectivo.
A presentación social do manual dirixido polo profesor da Universidade de Vigo Xosé-Henrique Costas, celebrarase simultanemente en 66 localidades de diferentes partes do mundo hoxe ás 20.30 horas. En Vigo terá lugar na Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa).