16 may 2001
O alcalde acusado de contrabando demite pola presión do PP
CONTRABANDO Y POLÍTICA O alcalde de Ribadumia, Xosé Ramón Barral, Nené , anunciou onte a súa demisión como rexidor do PP no municipio arousano, horas despois de que o xulgado de Vilagarcía o deixara en libertade sen fianza, pero imputado nunha causa por un suposto delicto de contrabando. O PP galego destituiu a Xosé Ramón Barral e ó seu irmán Feliciano dos seus cargos no partido, e presionou para que o rexedor abandoara a alcaldía, que podería deixar hoxe nun pleno extraordinario.