Un cineasta na procura das orixes
Pedro Casais, neoiorquino de Carnota, produce e dirixe unha longametraxe sobre Galicia Doce días de rodaxe e dez minutos de película. Pedro Casais (Louredo, Carnota, 1972) regresou de Nova York á casa da súa avoa na aldea. Veu para filmar o que queda da súa infancia e remontarse á Idade de Bronce, cando Galicia estaba poblada polos extrimios, para recrear nunha longametraxe a imaxe idílica que permanece no seu maxín, mitos e lendas que lle contaron e a verdade que está nos libros de historia. E aínda que o título provisional é «Festival dos galegos», o resultado final será un docudrama. O director confía en lograr os cartos que precisa para rematar a película, que pretende amosar nos circuitos internacionais.
CONCHA PINO