Salomé Peña, alcaldesa de Ribadumia Hai pouco máis dun ano, ninguén contaba con que Salomé Peña se ía convertir en alcaldesa de Ribadumia. Sen embargo, case por sorpresa, o 1 de xuño do ano 2001 tomaba posesión do seu cargo e comezaba a rexer os destinos do municipio. Aínda que levaba algún tempo traballando no concello como liberada, pasou de facer unha labor na sombra a ocupar o primeiro plano da vida política de Ribadumia. Discreta e traballadora, asegura que o seu obxectivo é «rematar o traballo que empezamos» para poder, así, «gañar a confianza dos veciños». Convencida do futuro deste concello, cre que «hai que mirar para adiante».
M. S.