OCORREU O 17 DE MAIO DE 1833
Vencer a inercia e botar a andar. Iso é o máis difícil, só ao alcance de seres privilexiados cando se fala da historia dun pobo. É o caso de Manuel Antonio Martínez Murguía, Manuel Murguía (1833-1923), nado nesta data que en 1963 se convertería en Día das Letras Galegas.