A comarca homenaxea a Manuel Lugrís Freire

La Voz LA VOZ | PONTEVEDRA

PONTEVEDRA

En dous minutos | Letras Galegas

16 may 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

A comarca de Pontevedra celebra a festividade das Letras Galegas con numerosos actos, desde teatro e entrega de premios hasta comidas populares, en homenaxe a Manuel Lugrís Freire, o autor de Sada a quen se lle dedica esta data. En Pontevedra haberá obradoiros de debuxo e colaxes na Ferrería, praza onde se fará un gran mural sobre Lugrís Freire. Ademais, na praza da Verdura, levarase a cabo a Festa da Língua 2006 organizada pola asociación A Revira baixo o lema A língua é cousa de todos. As actividades comezarán coa solta de libros viaxeiros polas rúas, ás 10 horas e un pasarruas a cargo do cuarteto de música tradicional Sachadiço. As actuacións inclúen ao grupo de teatro As Esmorganas, con obras infantís, ao mago Nilsom e o seu espectáculo de maxia cómica, os conta contos Códia e Miola e máis o cantante de música brasileira Carlos Dantas. Logo, a festa múdase ao Campiño de Santa María para degustar unha churrascada popular por 8 euros e logo haberá un recital poético. Alfombra floral Logo, ás 20 horas, na praza de Curros Enríquez, que estará adornada cunha alfombra floral feita por os veciños de O Burgo dende a mañanciña, terá lugar o acto popular de homenaxe a Manuel Lugrís Freire. O acto inclúe un recital poético, a actuación do coro polifónico da Asociación Socio Cultural O Burgo e da Banda Municipal de Música. Ademais, haberá unha recepción no local da devandita asociación, na rúa Manuel Murguía, 1. Pola súa banda, na Sociedade Cultural e Deportiva de Mourente haberá unha solta de libros polo recinto, e ás 19 horas, un homenaxe a Lugrís Freire a cargo de Rafael Pintos, máis coñecido como Wladimir Dragossán, que presenta o seu libro Os ollos de acibache e que tamén fará comentarios sobre a vida e obra do que fora presidente da Real Academia Galega. En Amil, preséntase hoxe a web www.amilcultural.org, ás 19 horas, na Casa da Cultura. Trátase do froito da colaboración e entendemento de todas as agrupacións e entidades culturais da parroquia, que contan cunha sección na que publicitar as súas actividades ou darse a coñecer. En Marín, terá lugar a entrega do premio de narración curta Concello de Marín que recaeu en Francisco Rozados Rivas, coa obra O empeine, e José de la Torre Culler, con O abecedario de Cándido. O acto será no MuseoTorres, ás 12.30 horas, e tamén entregaranse os galardóns do certame para escolares Concello de Marín. O acto será no museo Manuel Torres, ás 12.30 horas. En Beluso, levarase a cabo a novena edición da Romaría das Letras Galegas, organizada por la asociación de veciños O Progreso. Empezará ás 11.30 horas, no adro de Sanamedio, en Bon. Pola tarde, Xabier Campos Villar falará sobre Manuel Lugrís Freire no Centro Social do Mar de Bueu, ás 21 horas. Todas as persoas que asistan levarán un exemplar da biografía do autor de Noitebras. Tamén en Poio entregaranse os premios escolares, ás 17.30 horas, na Casa do Mar de Raxó. E en Combarro, haberá contacontos e obradoiros de maquillaxe e globoflexia no local do Ateneo, de 11 a 13 horas.