02 jul 2002
O órgano da catedral de Santiago sonou en concerto a dúo cunha trompeta
O benedictino Ambrose Koch e o trompetista Claude Rippas actuarán tamén en Pontevedra e Ourense A música inundou a catedral compostelana cun concerto a dúo de órgano e trompeta que abre un pequeno ciclo, porque se repetirá mañá na igrexa de Santa María de Pontevedra e o día 6, na catedral de Ourense, dentro do programa do Festival Internacional de Música de Galicia. O trompetista suizo Claude Rippas e o organista benedictino Ambrose Koch interpretaron obras dos grandes compositores como Haendel, Mozart, Bach ou Mendelssohn e adaptacións de espirituais negros.
CONCHA PINO