A asociación de afectados demanda a declaración de A Hermida como núcleo urbano Mañá xoves a asociación de afectados pola mellora da estrada PO-261 que une O Covelo e Maceira convoca unha manifestación para protestar pola falla de información e participación dos veciños da zona neste proxecto. Entre as súas demandas figura a consideración de A Hermida como núcleo urbano para poder afrontar as obras de sumidoiros, beirarrúas e alumbrado. Preocupa o impacto medio ambiental que esta reforma poida exercer sobre a zona e a protección do patrimonio cultural das inmediacións da estrada.
SANDRA ALFAYA