A mellor música en Ourense
O Festival As Burgas comeza esta noite coas actuacións de Moon Cresta, Macaco e Big Soul na Praia de Oira Ourense convírtese hoxe na capital musical galega. Ata a beira do Miño achegaranse grupos de toda a península e EE UU para participar na primeira edición do Festival As Burgas de música alternativa, unha cita que aposta con forza por convertirse nun referente dentro do panorama de festivais de música alternativa. Para esta primeira xornada os organizadores de As Burgas elaboraron un programa de luxo: grupos galegos e cataláns en plena traxectoria ascendente e unha formación consagrada a pesares da súa curta historia. Ademáis estarán os mellores pinchadiscos para ofrecer a súa música ós espectadores.
X.M.R.