O medievo imponse no século XXI

M.C. PONTEVEDRA

PONTEVEDRA

xoán carlos gil

O Concello abre un punto de información sobre a Feira Franca e mantén silencio sobre a Peregrina A catro meses da celebración da Feira Franca xa sabemos moitas das novidades que o Concello prepara para a nova nena bonita das festas do verán. E incluso se non o sabemos, agora poderemos coñecelo no punto de información que o equipo de goberno instalará a partir de hoxe no chalé Fontoira. Sen embargo, o silencio acompaña o resto da programación da Peregrina, tanto para os posibles concertos de xullo na praza de touros como para as actuacións gratuitas da semana grande de agosto.

20 may 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

Desde hoxe instalarase o punto de información da Feira Franca no departamento de Cultura do Concello, no chalé de Fontoira. Este servicio canalizará tódalas consultas e peticións de asesoramento sobre o festexo, que se celebrará os días 6 e 7 de setembro. Tamén hai un teléfono disponible, o 986 863 157, para as persoas interesadas. Nesta terceira edición da feira, creouse incluso un Consello Aberto, que agrupa a diversas entidades locais e que se reunirá tódolos meses para fixar o programa de actividades. O próximo encontro que manterán os seus integrantes celebrarase o luns 27 no salón de actos da Casa Consistorial, as 20.30 horas. E para contribuír a potenciar a festa, o Concello convocou tamén este ano un concurso de carteis, cun primeiro premio de mil euros, un segundo de 500 y outro terceiro de 300 euros. O prazo de presentación dos traballos comezou onte e finalizará o 18 de xuño no chalé de Fontoira. Polo contrario e, aínda que máis preto no calendario, as festas da Peregrina seguen a ser unha incógnita, ó menos no que se refire as actuacións da Ferrería e os posibles concertos na praza de touros de San Roque en xullo. Sí anunciou o concelleiro de Cultura, Luis Bará, a programación do Festival Internacional de Jazz na Praza do Teucro.