01 jun 2002
«Para aprender a tocar jazz en España hai que buscar alternativas por libre»
Paco Charlín, músico e profesor do Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra Desde novembro, Paco Charlín leva ensinando a tocar jazz ó grupo de 35 alumnos que se matricularon nesta edición de Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra, que se clausurará este martes cun concerto de fin de curso no Teatro Principal. O seminario é unha das poucas alternativas existentes para quenes queren chegar a dominar a técnica do jazz en Galicia. Trátase de acabar cunha realidade que denuncia Charlín: «Para aprender a tocar jazz en España hai que buscar alternativas por libre».