A asociación cultural Monte Branco leva vinte anos creando canteira arredor da súa Festa das Letras
O pregón da escritora María Canosa abre na aldea do Couto unha semana de actividades con protagonistas da Costa da Morte De domingo a domingo celebra a asociación Monte Branco a súa Festa das Letras, convertida, despois de vinte anos, na maior expresión e no mellor escaparate da cultura que se fai en Bergantiños e no resto da Costa da Morte. Dentro e fóra da Casa dos Veciños do Couto (Ponteceso) non só se foi creando un fogar para a literatura, a artesanía, a música ou o medio ambiente, senón que se foi creando, sobre todo, unha canteira capaz de seguir os pasos dos pioneiros. Este ano máis ca nunca serán os novos os que terán a última palabra, dende a pregoeira, a escritora ceense María Canosa, ata os grupos musicais da propia asociación.
C. A. M.