S. G. RIAL
A ENTREVISTA
Felipe Senén López, técnico da Deputación que mañá participará no foro «Voces de Actualidad» O técnico cultural da Deputación coruñesa, Felipe-Senén López, expoñerá mañá en Fisterra as súas ideas sobre o turismo e o desenvolvemento rural, que son moitas e, desde logo, moi claras. Avanza unha delas: «É necesaria a educación desde a escola para conseguir un turismo de calidade». Farao no foro «Voces de Actualidad», que organizará desde o faro fisterrán a Fundación Fernández Latorre, e que será retransmitido por Onda Cero Galicia. Xunto a el estarán outros expertos na materia de Galicia.