Os Cempés (Antón Varela, Serxio Ces, Óscar Fernández, Toni do Jaz e Óscar Painceiras) veñen de edita-lo seu terceiro disco, Circo Montecuruto; unha ducia de temas (pasodobles, muiñeiras, jotas e mazurcas) nos que volven viaxar, a cabalo da súa particularísima visión da música tradicional (¡Ai, quixera durmir contigo!/ ¡Ai, na túa cama dourada...!»), por un territorio que, como se dun soño se tratase, só lles pertence a eles.
R. LOUREIRO