A editorial TrisTram presenta o próximo día 14 en Vigo un libro que documenta a historia do folk en Galicia, Crónica do folk galego. 25 anos de historia, da que son autores os periodistas e críticos especializados en música Xoán Manuel Estévez Freixeiro e Óscar Losada.
05 dic 2000 . Actualizado a las 06:00 h.A monografía, a primeira que se publica encol deste xénero musical en Galicia, recolle na súa primeira parte a historia dos cantautores e grupos que empezaron a facer folk entre os anos 1975 e 1990. Xosé Manuel Estévez, autor desta parte, fai un repaso que vai desde Fuxan os Ventos ata Milladoiro, Emilio Cao ou Amancio Prada entre tantos outros. Na segunda parte do libro, Óscar Losada aborda a expansión e consolidación do folk galego neste a última década.