Doce equipos galegos copan o Grupo A da Liga, que completan o Oviedo, León e Santurtzi Inelga e Establecimientos Otero xa coñecen o nome dos seus adversarios na vindeira tempada da Liga EBA. A todos menos a un se, tal e como parece, a Federación Española de Baloncesto (FEB) acepta a solicitude de ascenso a LEB 2 que onte presentou o Celso Míguez pontevedrés. Un ano máis, o «poder galego» se incrementa no sector noroeste da EBA. Se na campaña 2001/2002 foron once (de dezaoito) os representantes da nosa Comunidade Autónoma na conferencia, na vindeira competición serán entre doce e trece dos dezaseis participantes. Os desprazamentos máis aló do Padornelo serán, así, case anecdóticos.
REDACCIÓN