15 may 2001
O programa das Letras de Carballo xira arredor do libro, da lectura e da música
O maratón «Dez horas lendo» é a actividade central, que terá lugar mañá no xardín da Praza do Concello O maratón de lectura «Dez horas lendo» é, un ano máis, a estrela do programa das Letras organizado polo Concello de Carballo. Esa cita terá lugar mañá no xardín municipal e a ela están invitados tódolos veciños do concello. Os actos, que comenzaron xa a principios deste mes, continuarán ata xuño, cando remate o ciclo de concertos de xóvenes intérpretes. Ademais da lectura e da música, o programa inclúe encontros con autores, currunchos literarios e un concurso infantil de pintura.
REDACCIÓN