A revista de banda deseñada e o videoxogo chegarán ós quioscos o venres por 50 céntimos de euro «Golfiño», a revista de banda deseñada en galego, estará de novo o vindeiro venres nos quioscos da man de La Voz de Galicia. E, ó igual que a semana pasada, chegará con sorpresa. Por só cincuenta céntimos de euro, os lectores atoparanse coa publicación, e sen ningún prezo engadido, co CD interactivo «A aventura máxica de Merliño». Trátase dun videoxogo para rapaces, aínda que tamén gustará ós adultos, no que o xogador percorrerá sete escenarios típicos de Galicia, para o que terá que coñecer lendas tradicionais.
REDACCIÓN