10 mar 2001
Patrimonio inicia un expediente sancionador contra o Concello de Tui
Rocha afirma que o edificio Beira Miño ten licencia municipal porque cumple co Plan Xeral de Ordenación A Xunta notificou onte a apertura dun expediente sancionador contra o Concello por outorgar licencia de construcción para o edificio Beira do Miño. O inmoble está situado na rúa Martínez Padín. O alcalde afirma que as licencias neste lugar son competencia do Concello por estar dentro da zona de respecto. Sen embargo, Patrimonio remítese á declaración de Tui como Ben de Interese Cultural para reafirmar a súa competencia. A posible infracción urbanística podería supor sancións de entre 10 e 25 millóns de pesetas.