26 oct 2001
«Nós non perdemos votantes, pero houbo moitos que se foron a abstención»
Henrique Tello León, portavoz municipal do BNG e parlamentario Henrique Tello (Corcubión, 24-10-51) asume con elegancia a derrota nas urnas. «É certo que baixamos un pouco», admite. Claro que a súa reflexión implica unha análise máis profunda no caso da Coruña, que coñece a pé de campo. «Según as contas oficiais, deixamos atrás preto de seis mil votos. E o PP perdeu outros nove mil. O PSdeG subiu só dous mil. ¿Onde van o resto? Están na bolsa da abstención e iso tamén nos da esperanzas», declara o portavoz da formación nacionalista en María Pita.
FRANCISCO ESPIÑEIRA FANDIÑO