A CIG inicia hoxe o programa de actos previstos para a celebración do 25 aniversario do sindicalismo nacionalista en Ourense O sindicalismo nacionalista ourensán está a facer un repaso da súa historia para, logo, construir unha organización que loite con máis forza contra a precaria situación socioeconómica da provincia. Con estes obxectivos, a Confederación Intersindical Galega celebrará neste ano o 25 aniversario do movemento obreiro nacionalista en Ourense, aínda hoxe un enimigo a bater por parte de moitos empresarios, advirten dende a CIG. Nos próximos meses non faltarán actividades de todo tipo. A primera delas hoxe mesmo, ás oito da tarde no Centro Cultural da Deputación, cunha mesa redonda sobre as orixes desta loita.
ALBERTO CARNERO