Etelvino Blanco, secretario comarcal
20 may 2002 . Actualizado a las 07:00 h.Con 47 anos, Etelvino Blanco abriu os ollos á loita obreira en abril de 1977. En 1984 foi nomeado secretario xeral da INTG e dende entón estivo sempre en cargos de responsabilidade. -¿Cal é o momento clave da loita nacionalista? -Penso que a unificación coa CTG no 1980, xa que supuxo ter unha capacidade de traballo moito maior. Despois chegarían loitas de trascendencia como o peche de Citröen ou as folgas xerais. A de febrero do 84 foi convocada pola INTG e na prensa dicíase que paralizáramos a cidade. Eran anos de ilusión pero as espectativas truncáronse nos noventa. -¿Cara onde camiña o sindicalismo do XXI? -No hai nada novo que inventar. O risco son eses ventos de modernidade que falan de pacto e diálogo e esquecen a movilización, o arma fundamental. Sin ela, os sindicatos convertiríanse en axentes burocráticos. -A CIG tamén caracterizouse polo seu compromiso coa sociedade ourensá. -É outro xeito de traballar. Imos máis aló porque Ourense precisa do noso apoio na loita por servicios sociais esenciais para a clase traballadora e ahí está a plataforma pola sanidade pública, o campus ou a universidade a distancia.