Modesto Pose, número 4 da candidatura do PSdeG-PSOE ás autonómicas por Pontevedra Logo de moitos anos ocupando cargos de responsabilidade orgánica dentro do PSdeG, Modesto Pose, actual secretario provincial do partido, dá o paso cara á política de primeira fila. O número 4 da candidatura socialista por Pontevedra asume que a formación cometeu erros graves no pasado, «froito das divisións internas e a falla dunha liña política definida». Sen embargo, asegura, o PSOE galego aborda estas eleccións cun grupo cohesionado, un candidato sólido, un programa coherente e aspiracións de goberno. Hai, di, moitas cousas por facer. Entre elas, «lograr o equilibrio entre o norte e o sur».