Suso Seixo, secretario xeral da Confederación Intersindical Galega (CIG) O espírito de diálogo sacode as bases da vella política galega. Pero o cambio non chegou ó campo sindical, asegura Suso Seixo, líder desde hai menos dun ano da maior organización do nacionalismo galego, a CIG, o terceiro sindicato de Galicia que di contar con preto de 40.000 afiliados. Pertencente á dirección da UPG, o partido comunista que está a pelexar con Beiras polo control da transición no BNG, Seixo garda as formas e non se pronuncia sobre o Bloque. Traza un moi escuro panorama das relacións laborais. «Esto vai peor», di ó tempo que vaticina un incremento no paro en Galicia polo esgotamento da medra económica.
ANXO LUGILDE