Os Premios da Crítica cumpren 25 anos
Os prestixiosos galardóns celebrarán o catro de maio o seu aniversario no Centro Cultural Caixanova Os Premios da Crítica Galicia cumprirán vintecinco anos o próximo sábado, día 4, data na que se celebra en Vigo a entrega dos galardóns. Ó longo da súa historia, ás veces non doada, converteronse nun referente da loita pola normalización da lingua e da cultura galega propiciando un lugar de encontro para a pluralidade ideolóxica. A Fundación dos Premios da Crítica, nacida ó carón do hoxe desaparecido Círculo Ourensán-Vigués, soprará as velas do 25 aniversario nun marco diferente ó habitual, xa que se trata dunha ocasión especial para seguir medrando e apostando pola creatividade en galego e desde Galicia. 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15
B.R.SOTELINO