«O sol do verán» foi entregado polo autor o día anterior ó seu pasamento, hai dous meses A derradeira novela de Carlos Casares foi presentada onte, no Teatro Fraga Caixa Galicia de Vigo, coa presencia de diversos persoeiros da cultura galega. «O sol do verán» foi entregada por Carlos Casares ó editor un día antes do seu pasamento, hai dous meses. O acto estivo presidido polo director xeral de Caixa Galicia, José Luis Méndez, e contou coa participación de Alfonso Zulueta de Haz, presidente do Consello da Cultura Galega, Xosé Ramón Barreiro, presidente da Real Academia Galega, Hakae Casares, fillo de Carlos Casares, Damián Villalaín, subdirector da Editorial Galaxia, e o escritor Manuel Rivas.
JORGE LAMAS