18 jul 2002
David Civera e o dúo Natalia e Naim serán os pratos fortes das festas de Ribeira
Uns cen veleiros que participan na volta náutica a Galicia atracarán no porto deportivo da cidade de Santa Uxía Non podía ser de outro xeito; este é o verán de «Operación Triunfo» e o programa das festas de Ribeira tiña que incluir ós membros da academia. En representación do grupo acudirán Natalia e Naim que, xunto có ex-eurovisivo David Civera, conforman os pratos fortes duns festexos nos que a comisión apostou tamén por contratar orquestras espectáculo. Entre as novidades figuran dous trofeos náuticos: un de vela lixeira para as categorías óptimist, cadete, vaurien e raquero, e outro de dornas a vela.
ANA G. V.