Escaso apoio da hostelería

La Voz

BARBANZA

C. QUEIJEIRO

18 jul 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

O concelleiro Luciano Fernández aludiu onte ás dificultades da comisión para elaborar un programa de festas no que o acceso a tódolos espectáculos musicais fose gratuito. Segundo dixo, algúns grupos inclúen nos seus contratos a obligatoriedade de cobrar entrada. Precisamente falando de cartos, Luciano Fernández suliñou o escaso apoio da hostelería. O edil recoñeceu que os profesionais do sector teñen moitos gastos durante o ano, pero apuntou que dende o Concello sempre se programan actividades no verán para animar á xente a saír dA casa. Nas celebracións colaboran Frinsa, Ángel López Soto, Conservas Ribeira, Haley e Concello. O vindeiro luns, a comisión terá aberto un despacho no malecón para aquelas persoas que desexen facer aportacións económicas para sufragar as festas. Asimesmo, poñeranse en circulación 8.000 exemplares co programa, que este ano inclúe artículos adicados ó medio ambiente, e 12.000 folletos de menor tamaño.