Abe Rábade, gañador do premio de jazz Tete Montoliú ó pianista revelación 2001 Desde que se graduou «cum laude» no Berklee College de Boston, Abe Rábade non deixou de recibir eloxios pola súa creatividade como músico e compositor de jazz. O último deles o recibe esta noite nos premios bianuais Tete Montoliú como pianista revelación do ano 2001. Pero, ós 24 anos, este compostelán é consciente de que unha carreira non se asenta nos trofeos senón no traballo. Como as musas, o anuncio deste galardón o colleu onte ensaiando nun local de San Sebastián onde tiña prevista a actuación.
B.PALLAS